Mercado Ecolóxico. Santiago de Compostela 2017

7/03/2017

Compostela ECO 2017 celebrarase os días 25, 26, 27 e 28 de maio na Praza Roxa de Santiago de Compostela. A mostra realizarase nun pavillón modular coincidindo coas Festas da Ascensión, unhas datas que atraen á cidade un gran volume de visitantes.

O horario de apertura do recinto ao público será ininterrompido das 11:00 ás 21:00h.

 Para poder participar como Expositor, os interesados deberán formalizar unha Solicitude antes das 22:00h. do día 30 de abril de 2017.

Todos os produtos/alimentos que se expoñan ou se poñan á venda deberán contar coa certificación do CRAEGA (ou correspondente, se se trata de produtos de fóra de Galicia).

Poden participar en Compostela ECO 2017:

– Produtores de horta fresca sen RSI.
– Establecementos de venda polo miúdo (tendas)
– Produtores, elaboradores, transformadores ou envasadores con RSI

Os produtores de horta fresca terán á súa disposición para expoñer espazos específicos. Os restantes expositores contarán con espazos de 2,5x2 m.

Realizaranse accións de promoción e/ou publicidade directa, en redes sociais e medios de comunicación.

CONSULTA AQUÍ AS BASES DE PARTICIPACIÓN NO MERCADO COMPOSTELA ECO 2017

PULSA AQUÍ PARA ENCHER O FORMULARIO DE INSCRICIÓN  COMO EXPOSITOR

Información de contacto

Contacta con nós. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
  • MAIL: apega@apega.gal

Formulario de contacto

Todos os campos son requeridos

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos