Gardería de Sementes

8/02/2017

GARDERÍA DE SEMENTES DA ASOCIACIÓN DE PRDUTOR@S ECOLOXIC@S GALEG@S APEGA

RECUPERAR + CULTIVAR +COLLEITAR + COMPARTIR

Xestión comunal dunha colección de sementes co obxectivo da conservación de variedades locais e a dinamización dun grupo de labreg@s que intercambie coñecementos.

O fin principal e o coidado da biodiversidade cultivada e a herdanza de alimentos para futuras xeracións, conservando a diversidade xenética dos alimentos.

Establecer unha alternativa á agroindustria promovendo a conservación participativa en propiedade xermánica.

FINS:

– fomento da conservación e uso de variedades tradicionais, especialmente as asociadas con un topónimo (Pemento de Guláns, Repolo de Betanzos,...)

– fomento do aprecio polas variedades tradicionais e as súas características tanto de cultivo como organolépticas, conservando o coñecemento sobre o cultivo destas variedades e involucrando á poboación na conservación da biodiversidade

– facilitar o uso destas variedades tanto a labreg@s profesionais como a persoas que planten para autoconsumo e recompilar información de cultivo ecolóxico para o que estas variedades son especialmente indicadas pola súa resistencia e adaptación conseguida co cultivo local durante moitos anos

– divulgar a importancia da conservación a través do uso das sementes e a cultura asociada ás mesmas mediante charlas, fichas de cultivo con información da orixe da semente e a sucesiva experiencia de cultivo en Apega, exposición da colección que a asociación vaia creando

OBXECTIVOS:

– recuperar sementes en hortas illadas de cultivo ecolóxico e almacenamento adecuado

– recompilar documentación das distintas variedades, o seu cultivo e a cultura asociada (fichas)

– distribuír as variedades entre @s soci@s e o público mediante o intercambio e a xestión comunitaria

– atopar variedades adaptadas a unha rexión particular

– gozar da diversidade das variedades tradicionais e a súa cultura asociada

– fornecer material para proxectos de cultivo e facer que as variedades tradicionais de polinización cruzada cheguen a quen as precise

– aumentar a diversidade xenética dispoñible para que @s labreg@s cultiven alimentos saudables

– evitar sementes modificadas xeneticamente, rexeitar os transxénicos e os híbridos www.apega.gal 

ESTRUCTURA:

A Gardería de sementes consta de tres elementos fundamentais: @s soci@s de Apega que forman a equipa de sementes , @s gardiás responsables dos sementeiros e os xérmolos.

APEGA = propiedade dos SEMENTEIROS (colección de caixas de sementes), nomeamento dos membros da gardería, actividades de divulgación do proxecto (exposicións, charlas informativas, degustación de variedades,...

GARDERÍA= soci@s de Apega responsables da coordinación do proxecto e do material asociado ó mesmo, deciden a distribución dos sementeiros (ficha de gardiá) e lle fan seguimento, clasifican a semente para a gardería ou doazón, buscan colaborador@s e financiamento, manteñen a gardería activa e coidan do seu funcionamento, actualizan a información da gardería na páxina de Apega

GARDIÁ = responsable dun sementeiro e as súas fichas asociadas, custodia unha colección de sementes i é o responsable da reprodución e conservación da semente, busca xermolos e lle da información de como cultivar e conservar a semente; cando Apega organice unha exposición terá que aportar o material que custodia (sementeiro e fichas correspondentes)

XERMOLO = responsable de plantar e reproducir na súa seara unha variedade e devolver o dobre da semente recibida @ gardiá responsable do sementeiro, amais, no tempo que teña a semente, recompilará información do cultivo e a cultura asociada á mesma para completar a ficha correspondente; debe cultivar dacordo coas indicacións d@ gardiá co obxectivo de reproducir a variedade e obter semente de calidade; aportará material vexetal (froitos, follas, ...)para as exposicións cando estas coincidan co tempero da variedade. Apega realizará dúas actividades anuais adicadas á gardería de sementes, unha exposición das sementes da asociación e o proxecto da gardería e outra exposición neste caso dos cultivos que corresponden ás sementes desta gardería.

COLABORAN:

CIAM – CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO

MBG – MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

Información de contacto

Contacta con nós. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
  • MAIL: apega@apega.gal

Formulario de contacto

Todos os campos son requeridos

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos