Curso de BioApicultura 2017 en Abelaído. A Lama. Pontevedra

8/02/2017

O Enxame como Ser Vivo

O enxame debe ser considerado un ser vivo no seu conxunto e hai motivos de peso para que así sexa:

  • O enxame destina as 2/3 partes dos seus recursos alimenticios a manter o seu núcleo vital a 35ºC de xeito constante.
  • Mantén unha humidade interna do 50%.
  • A comunicación por feromonas dentro do enxame equivale a unha complexa rede hormonal coa que manter interrelacionados todos os seus órganos.
  • Os panais de cera da cámara de cría son un auténtico órgano do enxame. Calquera sustituto sintético, ben sexan panais de plástico ou cera estampada, traerá consigo un debelitamento do sistema inmune do enxame.

cadro_1_para_web.jpg

O Manexo Natural proposto por APEGA e denominado MENA. consiste en:

  1. Axudar ás abellas a manter a temperatura óptima no seu "útero social" onde ten lugar a incubación das futuras abellas.
  2. Permitir e axudalas a facer a súa propia cera na cámara de cría.
  3. Intervir o menos posible no enxame e diagnosticar a súa situación polos seus síntomas externos.
  4. Con todo elo, axudaremos ás abellas a defenderse por si soas da maioría das doenzas
  5. O corpo da cámara de cría está composto por 3 medias alzas nas que se dispoñen 11 cadros Dadant en disposición quente con unha pequena tira de cera na parte superior para que sirva de pauta de construcción dos novos panais.
  6. A entrada a colmea está situada entre a primeira e segunda media alza
  7. O fondo da colmea sera sanitario con bandexa extraible para poder determinar a incidencia de varroa

ABC de BioApicultura

Abelaído 2017

Dende hai algúns anos, as abellas están sufrindo unha situación como nunca se vira antes e a man do home está detrás. Os neurotóxicos e outros pesticidas que envelenan a nosas terras xunto coa velutina e outras pestes introducidas polo home fan que as abellas sucumban ante tales atrocidades medioambientais.
Que podemos facer nós por elas? Todo indica que o modelo de apicultura racional, tamén chamada moderna ou intensiva debe ser repensado.
Manexos e métodos de cultivo que non escoitan ao ENXAME.
O excesivo intervencionismo rompe a homoestase interna do enxame diminuíndo o seu sistema inmune tanto do propio enxame como das abellas, facéndoo máis vulnerable ás crecentes ameazas externas.
É convinte ver ao ENXAME como un todo interrelacionado onde as abellas son células especializadas que se comunican entre si a través dunha complexa rede hormonal máis propia dun mamífero que dun insecto, colaborando entre si para manter con vida ese fascinante superorganismo chamado ENXAME.
Cambiando os nosos manexos e maneiras de entendelas, poderemos axudalas a superar moitas das ameazas que hoxe as asolagan.

colmear_6.jpg

Días:

  • 1ª Quenda: do 6 e 7 de maio de 2017
  • 2ª Quenda: do 9 e 10 de setembro de 2017

Lugar

  • Colmear de prácticas en Abelaído. A Lama. Pontevedra

O que este curso inclúe:

  • No importe do curso está incluido o xantar ecolóxico dos sábados días 6 de maio e 9 de setembro na casa de Gloria Domeq á beira do colmear de prácticas.
  • As persoas que superen o curso poderán participar no Programa de Investigación e Experimentación en Apicultura de APEGA (Programa MENA) para poder estar exentas do tratamento anti Varroa.
  • Asesoramento gratuito durante o ano apícola 2017.

Importe

O custo do curso son 300€ coas seguintes modalidades de pago:

  • 1º pago de 150€ antes do 26 de abril de 2017
  • 2º pago de 150€ antes do 30 de agosto de 2017

Posibilidade de desconto do 10% realizando un só pago de 270€ antes do 26 abril de 2017

Para @s soci@s de APEGA, AGA e COBGA e afiliad@s ao SLG o prezo sería de 230€ se se fai o ingreso antes do 26 de abril de 2017.

Solicítanos información sen compromiso e te informaremos de todos os detalles e novidades sobre o ABC de BioApicultura 2017

Noticia en Campo Gallego o 8 de marzo de 2017: Manexo de colmeas sen tratamentos, unha apicultura alternativa.

Noticia en La Voz de Galicia o 14 de abril de 2017: Os apicultor@s que entenden as abellas doutra maneira.

Formulario de inscrición

PROGRAMA DO CURSO

1)    Plantas e abellas; unha relación simbiótica. Plantas melíferas do entorno e seguimento das súas floracións. Bases fisiolóxicas do néctar e do pole.

2)    Fisioloxía do Enxame. Un superorganismo chamado Enxame. Órganos do enxame. Sistema hormonal do Enxame. Sistemas de comunicacións cara a dentro e cara a fora do enxame. Relación entre a homoestase do enxame e a súa saúde. Machos non tan vagos e a súa importancia na saúde da colmea.

3)    Reproducción natural. Reproducción e ciclo biolóxico do enxame.

4)    Patoloxías do enxame e o seu diagnóstico. Prevención. Momento de intervención.

5)    Técnica MENA de manexo preventivo. Temperatura e Cera; os dous pilares da técnica MENA.

6)    Produtos da Colmea; mel, pole, cera e própole e o seu cultivo natural. Parámetros de calidade e como conservalos.

Horario:

A primeira quenda iniciarase o día 6 maio de 11 a 14h e de 16 a 20h. O día 7 será de 11 a 14h. Esta primeira parte do curso está destinada á bioloxía do enxame, doenzas, reprodución do colmeal e aplicación do método MENA de manexo preventivo. O xantar do día 6 está incluido no prezo do curso.

Este curso de BioApicultura é impartido por Xosé Manuel Durán Orús

Curriculum vitae

Formulario de inscrición


Curso de BioApicultura 2016

Galería de imaxes

IMG-20170319-WA0008.jpg

IMG-20170319-WA0004.jpg

IMG-20170319-WA0006.jpg

IMG-20170319-WA0009.jpg

IMG-20170319-WA0010.jpg

IMG-20170318-WA0007.jpg

IMG-20170319-WA0000.jpg

IMG-20170318-WA0009.jpg

IMG-20170319-WA0015.jpg

Información de contacto

Contacta con nós. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
  • MAIL: apega@apega.gal

Formulario de contacto

Todos os campos son requeridos

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos